Monday 13 de May de 2024

Santiago Brea, do Clube Atletismo Milladoiro, gaña a V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro na que participaron máis de 200 corredores


Santiago Brea, do Club Atletismo Milladoiro, fíxose esta mañán coa V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, dun percorrido de dez kilómetros. Foi o campión masculino na categoría absoluta, cun tempo de 37.16. O segundo posto ocupouno Alberto Rodríguez; do Clube Sar-Vermú Petroni (37.41); e o terceiro: Ricardo Villar, que participou sen clube e que marcou un tempo de 38.05. Na categoría femenina a primeira corredora en chegar a meta foi Cristina Carril, do Club Atletismo Vagalume de O Pino, cun tempo de 48.47.

Máis de 200 corredores participaron hoxe na V Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. A capital do Concello de Touro, nun día con nubes pero que non choveu durante a proba, atraíu a afeccionados ao running de toda a comarca de Santiago. A proba comenzou puntual. Ás 10.30 horas horas os organizadores deron a saída oficial. Foi unha mañán ideal para disfrutar do deporte. A proba na categoría absoluta constaba de dez kilómetros e discurriu por diferentes puntos do Concello de Touro, fundamentalmente no núcleo urbano de Fonte Díaz. Moitos afeccionados animaron aos participantes.

Trala proba absoluta sucedéronse as carreiras das demáis categorías. A organización, que ofreceu unha camiseta a todos os participantes, entregou os trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. También tiveron premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta. A entrega de premios, que estivo a cargo do alcalde da localidade, Ignacio Codesido, e da concelleira de Deportes, Adela Iglesias, foi a eso das 13.00 horas, fronte á sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participaron a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa. O alcalde de Touro agradeceu a todos os atletas a participación nesta proba que xa se consolida como unha cita clásica nas probas pedestres da comarca de Santiago. Animou tamén aos participantes a apuntarse na proba do 2018.